23 de marzo de 2014

A "Orquesta Galilea" presentará o seu novo espectáculo o próximo venres 28 en Ouzande:::

Cartel colgado na Taberna
O vindeiro venres 28 de marzo o Campo da Festa de Ouzande acollerá a presentación do novo espectáculo da Orquesta Galilea. Desde hai uns días pódense ver uns carteis pola comarca anunciando este evento. O  desafortunado título que levan desatou moitos comentarios "Festa dos Pepes", tendo en conta que non cadra co día desta onomástica e que na parroquia non existe tradición de honrar este santo. 
En realidade trátase dunha festa organizada pola empresa promotora dos espectáculos contratados durante as festas do verán pola Xunta Parroquial que quixo presentar o novo espectáculo da súa orquesta estrela na parroquia antes do inicio das festas estivais.
A Orquesta Galilea cumpre dez anos con novos compoñentes e cunha imaxe renovada que inclúe un espectáculo de luces e son, unha montaxe máis elaborada e mesmo música disco. O tour da orquestra arrancará ás 23:30h do vindeiro venres 28 e contarán coa presenza da polbeiría Porta da Estrada que ofrecerá polbo e churrasco.
Galilea estreará novo vestiario e novo espectáculo

Ningún comentario:

Publicar un comentario