Esta mañá arrancou na vila da Estrada a 1ª edición dos "Cantos de Taberna", as rúas son desde as 11:30h un fervedoiro de xente, música e cantos. Os ouzandeses Retrouso e Recanto participan canda a Justo do Boi, Os ke hai, Sons da Mina, Madia Leva, Os sin son ghaiteiros, Requinta da laxeira, Maravallada, Os muiñeiros do Sarela e Pana raiada nesta inicitiva cultural e lúdica que se estenderá ao longo da xornada polos seguintes bares da Zona dos Viños así como Nicol´s, As Tres Portiñas, Robert’s Café, Piaf, Recuncho de Sabucedo, Navegación ou Paradero. Esta previsto que ás 3 da tarde fagan un parón para xantar e que retomen a música e cantos ás 5 cunha foliada conxunta nas rúas da Zona dos Viños. Paralelamente celébrase o II Mercado Solidario nestas mesmas rúas. O día será primaveral con choiva e claros de sol, a Asociación de Comerciantes tiña previsto unirse á festa con xogos para nenos pero adiáronas por causa do tempo.
|
Retrouso na Rúa Irmáns Valladares |
|
Recanto no Recuncho de Sabucedo |
|
As rúas da Zona dos Viños son hoxe un fervedoiro de xente, música e cantos... de Taberna. |
|
A feira sabatina estivo animada cos Cantos de Taberna |
|
Recanto e Retrouso no Robert´s Café |
Ningún comentario:
Publicar un comentario