1 de xullo de 2012

Crónica do 50 aniversario da Taberna de Ouzande:::



A Taberna de Ouzande abriu as súas portas en 1962 e, polo tanto, hogano vén de cumprir o medio século de vida. Así foi que na tarde do pasado sábado 30 de xuño, a familia Porto quixo agradecer a veciños e clientes a confianza depositada no seu negocio durante estas cinco décadas cunha festa.
Nunha parcela anexa á Taberna de Ouzande, habilitaron unha carpa para acoller o encontro. As gaitas do grupo local Retrouso animaron o evento, que consistiu nuns petiscos preparados para a ocasión. Mesmo embotellaron viño co nome da casa e co motivo das vodas de ouro.

Un dos momentos máis emotivos chegou cando directivos da Fervenza de Ouzande lle entregaron un agasallo aos fundadores do negocio, Manolo e Elsa. Foi unha ilustración feita por Rosa Herraiz na que saen eles dous á fronte do negocio.
Manolo Porto, emocionado, quixo agradecer a toda a veciñanza o seu arroupamento nunha data tan importante.

Sobre ás nove do serán procederon a realizar o sorteo de catro xamóns e diversos vales de compra de 50 e 100 €. A listaxe cos números agraciados está exposta desde onte na Casa Porto, a Taberna de Ouzande.

Ningún comentario:

Publicar un comentario