A Fervenza de Ouzande programou tres rutas a pé para esta primavera que comezan mañá coa "Ruta dos Carreiros de Ouzande". A seguinte será o 17 de maio, cadrando co dia das Letras Galegas e a última o domingo 1 de xuño.A ruta de mañá arrancará ás 10 da igrexa de Ouzande e terá un percorrido de 11km polos camiños e carreiros da parroquia (O Redondo, O Castro, O Picoto, O Formigueiro e Alemparte) Segundo informou a asociación ouzandesa, unha parte do percorrido cruzará o monte de Ouzande, con numerosas carballeiras e pequenos bosques de acivros. Esta ruta é de dificultade baixa e agárdase un tempo atmosférico propicio para a práctica desta actividade. O regreso será para as 13:30h
Ningún comentario:
Publicar un comentario