Dentro do programa de actividades de primavera da Fervenza de Ouzande, mañá no Local Social celebrarase a presentación dun novo libro do escritor ouzandés afincado en Madrid, Manuel Pereira Valcárcel. Trátase dunha nova proposta poética baixo o título Albas e epílogos.
Será ás 20:30 horas. Ademais do autor, que falará da súa obra e recitará algúns dos seus poemas, a escritora estradense Nieves Soutelo fará a presentación do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario