Co outono a parroquia de Ouzande énchese de cultura, co decrecer dos días comezan as clases de danza e músicas tradicionais que se celebran no local social do Campo da Festa. As disciplinas que se ofrecen son acordeón, gaita, percusión, pandeireta, baile e canto tradicional. E non é novidade, pois xa se levan dando clases ininterrumpidamente desde o ano 2002. O "primeiro día de escola" vai ser este mesmo sábado 29 de outubro e sempre serán os sábados en distintos horarios. Están abertas tanto á veciñanza coma a calquera persoa desexosa de aprender a facer soar algún dos instrumentos propostos ou de iniciarse cos puntos e picados do baile tradicional. Para anotarse chega con inscribirse vía telemática a través do correo da organización, A Fervenza de Ouzande (carreirosouzande@gmail.com), tamén se pode facer na páxina do facebook https://www.facebook.com/afervenza.deouzande
ou no blog www.carreiros.blogspot.com.
Tamén se poden inscribir asistindo no horario que se indica a partir do próximo sábado 29 de setembro.
Falando sempre dos sábados, as disciplinas máis madrugadoras son gaita, percusión e acordeón que teñen os seguintes horarios ACORDEÓN
10:30 a 11:30
Profesor: Marcos Varela.
GAITA (Iniciación)
11:30 a 12:30
Profesor: Marcos Varela.
GAITA (Perfeccionamento)
12:30 a 13:45
Profesor: Marcos Varela.
TAMBORIL (Iniciación)
10:30 a 11:30
Profesor: Xosé Martíns, Fofi
TAMBORIL (Perfeccionamento)
11:30 a 12:30
Profesor: Xosé Martíns, Fofi
Xa en horario de tarde temos PANDEIRETA (Iniciación)
17:30 a 19:00
Profesora: Silvia Martínez
PANDEIRETA (Perfeccionamento)
18:30 a 20:00
Profesora: Silvia Martínez
BAILE
20:30 a 22:00
Profesora: Silvia Martínez
CANTO
22:00 a 23:00
Profesor: Marcos Varela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario