Unha necesidade que A Estrada reclamaba a berros. A Casa das Letras xa ten data de inauguración, será o próximo sábado con actividades dirixidas especialmente aos máis pequenos da casa. Aínda así haberá que continuar esperando a que se trasladen todos os enseres da Biblioteca Pública Municipal para que o servizo de biblioteca na Estrada sexa unha realidade. As críticas dos usuarios polo mal estado das instalacións actuais acuciaban a necesaria apertura da Casa das Letras que cada vez se ve máis preto.
6 de marzo de 2015
Oca celebra a II Ruta Cabalar o próximo sábado 21 de marzo:::
Trátase dunha ruta cabalar organziada pola comisión de festas de Oca e que percorrerá distintos puntos de Oca, Riobó, Berres e Moreira. Comezará ás 10 da mañá do Campo de Chancelas, a ruta levaraos ao Pazo de Oca, Riobó e o Areal de Berres onde farán un avituallamento. O roteiro continuará cara á Mouteira para dar regreso ao Campo de Chancelas onde terá lugar un xantar de confraternidade sobre as 14h.
Fotos Cabaleiros de Riobó
arquivo I Ruta Cabalar
Este domingo comeza o programa de rutas a pé do Concello da Estrada:::
Facer exercicio nun entorno natural posiblemente sexa a mellor práctica saudable non só para o corpo senón tamén para a mente. Por iso cada vez máis persoas se unen ao hábito de camiñar pola natureza. O tempo primaveral tamén anima a atoarse o calzado deportivo e a mergullarse no bosque. Se a todo isto lle engadimos o interese por coñecer mellor a contorna, teremos os ingredientes necesarios para participar nas rutas a pé que cada vez máis se poden realizar na comarca.
Este domingo comeza o programa "Andainas 2015, o pracer de camiñar" do Concello da Estrada e que será exectuado por Senderuta. Nesta primeira camiñata farase un percorrido por San Miguel de Castro. As seguintes serán nestas datas e lugares: 22 de maio polas Brañas de Xestoso, o 5 de abril polo Liñares, o 19 dese mes Ouzande e A Somoza pola Pedralba e a explotación Monte Cabalar, en maio serán o 3 por Requián e o 17 polo Umia. Todas estas rutas teñen unha dificultade media-baixa (13-15 km de media) e teñen un custo de 2 euros por persoa.
máis info
Fotos: Senderuta
Esgótanse as entradas de "Porque Cuqui non quere ir á lavadora":::
Mañá sábado 7, o Teatro Principal da Estrada acolle a presentación de Porque Cuqui non quere ir á lavadora, será ás 12.30h. A entrada é de balde, pero requírese recollela previamente no Departamento de Cultura do Concello, ao tratarse de poucas vacantes, arestora xa está completo o aforo. Quen desexe participar nesta presentación ten tamén a opción de achegarse ás 17h á "Casa do Gato" de Lalín (Rúa Ramón Aller, 5)
María Lado é a autora deste conto e para presentalo fará unha sesión de contacontos dirixida a nenos de 0 a 6 anos, co fin de que estes aprendan a contarlles aos pais a historia de Cuqui.
Oca saboreou o Entroido ao ritmo dos Xenerais:::

Ao mesmo tempo, en Santeles tamén se celebraba o Entroido, que se estendeu ao domingo. Estes foron un pouco máis polémicos posto que nas "críticas" dos xenerais e correos houbo alusións a veciños e políticos locais que provocaron certo malestar por trascender o xogo dialéctico dos Xenerais.
Con estas dúas festas descansan vivas e traxes ata o próximo ano.
Con estas dúas festas descansan vivas e traxes ata o próximo ano.
Fotos cedidas por veciños de Oca
Cantos de Taberna e Feira de Artesanía, o sábado 28 de marzo:::
A primavera está cada vez máis preto e A Estrada daralle a benvida o vindeiro sábado 28 de marzo con dúas iniciativas que se estrearon hai un ano con moi boa acollida por parte do público. Así pois desde a mañá e na zona "dos viños" estará instalada durante toda a xornada unha feira de artesanía. Ás 13.45h haberá un pasarrúas desde a Praza do Concello e ata a Praza da Farola. Pola tarde, a partir das 18.30h, farán pasarrúas e cantarán por varios bares desta zona ata 13 agrupacións procedentes de distintos puntos de Galicia. A Estrada ríndese así á maxia dos "Cantos de Taberna" que están en auxe con iniciativas en distintos puntos do país, desta volta son 12 os locais que acollerán actuacións dos cantadores; Enredo, Navegación, Vinte Berzas, O Candil, O Paradero, O Bodegón, Robert´s, Mesón da Estrada, Nicol´s, A Vila, Gran Vía e Eureka. Algúns grupos proceden da contorna; Os ke hai de Callobre, Retrouso e Recanto de Ouzande, outros de Santiago e proximidades; Gharatuxa Gaiteiros, Muiñeiros do Sarela, Pana Raiada, O Ghusto do Boi (Lestedo) e Reviravolta (O Pino), da comarca de Pontevedra proceden Maravallada, Sons das Ondas e Os Saljariteiros (Marín), de Meis procede Madia Leva e de Chantada As Punk-Dereteiras.
3 de marzo de 2015
Pana Raiada, Brincadeira, Retrouso e un obradoiro de baile nos "Seráns de Vidán":::
A Nave de Vidán acolle este xoves, 5 de marzo ás 21.30h un novo serán. Á primeira hora celebrarase un obradoiro de baile tradicional impartido por Rebeca Tallón. Ás 22.30h actuará o grupo santiagués Pana Raiada. Ás 23.15h actuará o histórico grupo compostelán Brincadeira e ás 24h é a quenda para os ouzandeses Retrouso que estarán acompañados por Recanto. A partir da 1 da madrugada haberá actuacións libres para quen queira tocar e bailar. A nave de Vidán ubícase na Avenida Mestra Victoria Míguez, 44, próxima ao Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.
![]() |
Pana Raiada |
![]() |
Brincadeira |
![]() |
Retrouso |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)