Desta volta en Couso celébrase algo máis que o Festival "As Nosas Músicas", celébrase o 20 aniversario, 20 anos ininterrumpidos de festa que xa levan presentando por disintos puntos nas últimas semanas e que o vindeiro 14 de agosto encherá o Campo da Festa da parroquia. Contan con ALVARIZA, CARLOS BLANCO, RADIO COS, FANFARRIA TAQUIKARDIA e BANDA DAS CRECHAS, como peche de cartel, pero tamén fan actividades e obradoiros ó longo da tarde.
Darán comezo cara as cinco cun obradoiro de xogos tradicionais a cargo de Xandobela, para continuar ás sete con outro obradoiro de iniciación ó baile.
Ás oito da tarde terá lugar unha actividade moi interesante para ver como se maza se espadela, se fía e tece o liño no Val de Vea.
A partir das nove e media quedará o campo da festa dedicado á ruada aberta con Ultreia para logo xa comezar cas activades nocturnas que pechan o cartel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario