19 de agosto de 2012

Animada velada dunha "noite no muíño" na Fervenza de Ouzande:::

Na noite de onte (18/08/12) celebrouse unha animada festa ao pé do Muíño do Rubio. Ata alí chegaron numorosos festeiros e festeiras para cear e que antes tiveron que revivir experiencias de hai tempo grazas á animación preparada no camiño de acceso. A medida que avanzou a noite a música de Retrouso ía caldeando o ambiente onde non faltaron bailaríns e cantantes. O druída de Ouzande fixo a declamación do "Conxuro da Queimada da Fervenza" para espantar bruxas e demos. Aínda que unhas pingueiras ameazaron cun remate anticipado, a animación era tal que continuou a festa ata altas horas da madrugada. Unha noite no muíño non foi nada e xa tarda a edición do vindeiro ano.



Ningún comentario:

Publicar un comentario