O adro da igrexa de Ouzande ben pode presumir de ser un dos máis fermosos da contorna, pero a beleza está ben traballada. Desde hai anos fóronse plantando árbores e constantemente córtase a herba e recóllense as follas do outono. Pero xa había tempo que as pólas destas árbores do adro non deixaban ver o ceo, polo que a Xunta Parroquial tomou cartas no asunto e onte procedeu a darlle unha poda severa a estes brazos da natureza que continúan querendo abrazar o ceo de Ouzande.
Ningún comentario:
Publicar un comentario