O cartel das festas do San Paio da Estrada non só chegou á
final da III Festa do Cartel, organizada polo portal "Galicia en
Festas" de Facebook, senón que quedou no 3º posto. Desde esta rede social
destacan que "Destaca o seu deseño innovador co cal se creou unha imaxe
completa para a festa, onde o mesmo deseño engalanaba as rúas con globos
rosas". Nos comentarios hai moitas loanzas a este deseño. Hai que ter en
conta que as persoas que votan son as que teñen perfís en facebook e son
maioritariamente aqueles dos lugares aos que fan referencia as festas, por iso
hai que destacara a boa acollida que tiveron os "globos" e a
promoción das festas da Estrada a través deste cartel e do concurso.
Rosa de Cabanas é a deseñadora que creou a imaxe do San Paio
2012. A súa participación neste concurso foi involuntaria, pero aínda así
amósase contenta polo recoñecemento e pola identificación que tivo a xente cos
seus deseños. Pódense ver máis no seu sitio web www.rosadecabanas.eu.
3º posto para o cartel das festas da Estrada |
Ningún comentario:
Publicar un comentario