|
cartel da actividade. |
Dentro da programación cultural de outono programada pola Fervenza de Ouzande, o próximo domingo 12 celebrarase un roteiro de sendeirismo. A cita é ás 10 da mañá diante da igrexa parroquial de Ouzande e levará aos camiñantes polos montes de Ouzande e A Somoza, está previsto que visiten os Muíños da Fervenza, as frondosas carballeiras da Somoza e o lugar de Castrorramiro. A chegada está prevista para a unha e media do mediodía. Ainda que as previsións meterolóxicas ofrecen bo tempo para o roteiro, a organización aconsella levar roupa impermeable e cómoda. A actividade é gratuíta e aberta a todos os que queiran participar, tendo os menores de idade que ir acompañados dun adulto.
|
Imaxe de arquivo da I ruta de outono. |
|
grupo participante na primeira edición da Ruta do Outono. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario