Os vindeiros venres 10 e sábado 11 de outubro ás 21h representarase a obra D.E.P “Descansa en paz", unha produción de Malasombra Teatro. Trátase dunha comedia recomendada para maiores de 14 anos. A obra conta con Xoque Carbajal e Jouse García no reparto e conta a historia dunha anciá que se enfrenta ás súas enfermidades con moitas ganas de vivir. Os seus fillos de 42 e 50 anos serán os protagonistas desta comedia cos seus segredos inconfesables e problemas económicos e persoais.
A obra foi presentada hoxe por Xoque Carbajal no Concello da Estrada, quen explicou que unha herdanza sen problemas non é unha herdanza senón unha miragre, anticipando por onde van ir os tiros desta comedia. O prezo das entradas é de 5 €. A estrea foi en Vilamartín de Valdeorras e esta será a cuarta función desta nova produción.
Jouse e Xoque nun momento da representación. |
Venres 10 e sábado 11 ás 21h no Teatro Principal da Estrada. DEP |
Ningún comentario:
Publicar un comentario