O Teatro Principal da Estrada acolleu esta fin de semana dúas representacións de D.E.P., a última produción de Malasombra Teatro. As funcións foron o venres e o sábado ás 21h e deixaron moi bo sabor de boca no numeroso público que asistiu á cita. Xoque Carbajal e Jouse García encarnan a Carlos e Fran, dous irmáns que inician unha discusión pola herdanza ante a enfermidade de súa nai. Unha temática moi dramática pero tratada con moito humor que levou ao público da tensión ás gargalladas. Na representación contaron coa colaboración de Patricia Rodríguez. Á saída o público valoraba moi positivamente tanto os aspectos técnicos (decorados e luces) coma o texto e a posta en escena. Quen perdese este espectáculo e estea interesado en gozar de futuras representacións de D.E.P. pode consultar o calendario de actuacións na
web de Malasombra Teatro.
|
Jouse e Xoque nun momento da representación. |
|
Fran e Carlos discuten pola herdanza de súa nai, aínda viva. |
|
"Unha herdanza se problemas non é unha herdanza, é unha miragre" |
|
Éxito de público no Principal da Estrada. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario