Na noite de onte o público foise xuntando no Campo da Festa ante a convocatoria da IV Fervenza de Músicas. Festeiros locais e foráneos fóronse ubicando nas bancadas do polbeiro para vivir unha agradable velada ao tempo que os grupos musicais foron animando paseniñamente a noite. Un gran pantallón instalado pola Fervenza de Ouzande nun estremo do campo serviu de fondo de escenario a uns grupos, outros metéronse no medio dos que comían o polbo. No medio da carpa outros para animar aos bailadores. Esa gran pancarta mostrou imaxes do Xº aniversario da asociación ouzandesa e serviu de aperitivo para a presentación proximamente do documental sobre a entidade que están facendo. O tempo acompañou cunha noite cunha temperatura suave. Durane a mañá os fogóns de moitas casas apuran o xantar. Mentres tanto misa, procesión e sesión vermouth con Bluestar.
Un dos temas de conversación dos festeiros durante a velada de onte e hoxe é o triangular de fútbol mixto que se celebra esta tarde, ás sete no Campo da Festa. A comisión de festas ultima detalles do que será unha das actividades máis agardadas do ano. Segundo Meteogalicia a previsión metereolóxica para a tarde fala de que as chuvias desaparecerán ao tempo que se irán abrindo claros, especialmente na metade leste de Galicia. As temperaturas serán semellantes ás de onte, coas mínimas sen cambios e cun pouco menos de forza nas máximas.
O equipo gañador do II Triangular de Fútbol Mixto de Ouzande ha levar un trofeo, unha das novidades deste ano, agora falta saber as sorpresas que traen ao Campo da Festa de Ouzande as tres seleccións.
Ao remate do partido Géminis e Bluestar darán lugar á verbena, segundo as previsións metereolóxicas prevése unha noite máis fresca que a de onte.
Mañá será o momento de escoitar a Banda de Música Municipal da Estrada e de asistir á poxa coas ofrendas á Virxe do Socorro. Haberá un posto da Fervenza de Ouzande para garantizar o vermouth. Tamén está previsto que sobre as dez menos cuarto da mañá arranque no lugar do Picoto a proba galega de BTT que organiza Bikestrada, convidan aos veciños a achegarse a animar aos aproximadamente 400 ciclistas que farán a RUTA DA RAPA DAS BESTAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario