ACOE,
a Asociación de Comerciantes da Estrada, foi a organizadora dun acto que tivo
lugar este serán ás 7 no MOME da Estrada. Durante o trascurso do mesmo houbo
unha actuación moi especial, a da nosa veciña
Natalia Carbajal quen fixo un concerto de piano. Entre as distintas
pezas fóronse dando a coñecer os nomes dos agraciados de dous concursos de
ACOE; o de tapas e mais o do mellor escaparate de Nadal.
Estes
son os nomes dos premiados con consumicións por 10€ por participar no concurso
de tapas: María Barros Sanmartín (Xantares), Xosé Martíns (Bar Andalucía),
Javier Barreiro Lorenzo (Tapería O Lar), Sebastián Grela Caramés (Samaná),
Alejandro Puga Barreiro (Nicol´s), David Borrajeros Vilela (Enredo), Antonio
Segade Bernárdez (O Candil de Silvia), Alfonso Chedas Durán (20berzas), Gonzalo
Casanova González (Tapería Sibaria), Fernando Vázquez González (O Café de
Xulia), Manuel Anxo Rey Chao (Eureka), Manuel Bouzón (Argentinos Burguer), Gema
Calvo Villaverde (Bodeguiña) e Lucía Blanco Corral (Lecer). A continuación
déronselle os premios ás persoas que votaron pola mellor tapa; Beatriz Pazos
Alonso levou noite e almorzo para dúas persoas nunha casa de turismo rural
e Ignacio Vázquez foi o agraciado cunha
noite nun hotel de catro estrelas. Sara Neira levou unha tarxeta-regalo de 50€.
14
establecementos foron os que participaron no concurso de tapas e tamén optaban
ao premio á mellor tapa que recaiu na pizzería Argentino´s Burguer cunha
ventresca de bacoriño con puré de castañas e confitura de froitos vermellos.
A
entrega de premios foi realizada por membros de ACOE e tamén participou a
deseñadora da imaxe da campaña de Nadal desta entidade, Rosa de Cabanas quen
leu o fallo á mellor tapa. Sindo Villamayor foi o encargado de facer as
presentacións e de dárllelas grazas ás persoas e entidades que colaboraron con
ACOE, como foi o grupo Retrouso, a quen lle fixeron entrega dunha dóce figura
en recoñecemento ao seu traballo.
O
concerto de piano de Natalia Carbajal estivo composto por seis pezas que
encandilaron ao público: unha sonata de Beethoven, unha peza de Enya, un vals
de Tcharkovsky, Gymnopédies I de Erick Satie, L´autre vals d´Amelie de Jann
Tiersen e mailo Preludio op. 3 nº 2 de Rachmaninov. Ademais dos merecidos
aplausos, a pianista recibiu un ramo de flores por parte de ACOE.
Maxistral interpretación de Natalia Carbajal |
Sindo Villamayor e Natalia Carbajal |
Rosa de Cabanas fixo público o fallo á mellor tapa que recaiu en Argentino´s Burguer |
Noelia Bouzón en representación de Retrouso recolleu un agasallo |
Entrega de agasallo a Manuel Bouzón, un dos gañadores por participar no concurso de tapas |
Ningún comentario:
Publicar un comentario