O IES Antón Losada Diéguez promove unha actividade didáctica que traerá o próximo sábado máis de 200 persoas a visitar a igrexa e os muíños de Ouzande. Os promotores desta iniciativa son os membros do grupo de teatro Avelaíña que durnte este mes están "de xira" con actuacións e intercambios noutras localidades galegas. O pasado 13 de abril participaron en Palas de Rei na V Mostra de Teatro Escolar cun roteiro teatral polo Castelo de Pambre. Nestes intercambios cada centro promove dar a coñecer a zona con rutas teatralizadas que é o que van facer o día 27. A previsión é que cheguen en 4 autobuses ás 12 do mediodía e fagan unha pequena ruta polos muíños da Fervenza de Ouzande. En diversos puntos varios actores interpretarán pequenas pezas teatrais para dar a coñecer mellor o lugar. Ás dúas do mediodía estarán no adro da igrexa para xantar e coñecer o pasado medieval da parroquia grazas ao templo parroquial.
|
O xantar farano no adro da igrexa de Ouzande |
|
A igrexa románica de Ouzande recibirá aos escolares |
|
A Fervenza de Ouzande será escenario dunha ruta teatralizada |
Ningún comentario:
Publicar un comentario