A verbena de onte estivo animada polo Dúo Géminis e polo Grupo Iris con escasa afluencia de público. Esta mañá a Banda de Música Municipal da Estrada percorreu os camiños da parroquia e está previsto que ao remate das celebracións faga un concerto no adro da igrexa. Durante a mañá moitos fregueses foron sorprendidos pola suspensión da misa rezada que estaba prevista para as 10. Arestora comeza a tradicional poxa para a que a veciñanza foi facendo achegas durante toda a mañá. A sesión vermouth ten o aliciente de que se instalara un pequeno carro no adro favorecendo a convivencia veciñal no adro. Moitas das casas da parroquia celebran festa hoxe polo que os xantares se retrasarán. Por outra banda xa todo está listo no Campo da Festa para a obra de teatro ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON? de Disfunción Continua Teatro que arrancará ás 20h. Trátase dunha comedia protagonizada por cinco mulleres que botan a vista atrás, recordando a escola de nenas na que compartían puputres aló por 1957. Co remate da obra ponse punto e seguido ás festas do Socorro de 2013.
Últimos preparativos para o teatro. |
Pasarrúas da Banda de Música Municipal da Estrada. |
Dúo Géminis, xa coñecido en Ouzande. |
Grupo Iris animando a verbena |
Ningún comentario:
Publicar un comentario