Hoxe as maniotas fan mella en Ouzande, é o prezo que hai que pagar pola loita que onte se viviu no Campo da Festa. A tensión chegou a tal punto que o IV Triangular de Fútbol Mixto se tivo que resolver a penalties. Pero vaiamos por partes. Ás 18h comezaban os quecementos e a organización dos equipos. O batallón dos separados estaba formado por Xoque, Paco de Camba, Darío, Sergio, Manuel Ángel López (O Civil), Manolo de Bras e contaron coa colaboración con Carlos Porto na portería.
|
Os "separados" ano incio do encontro. |
Pola banda dos casados tivemos a Xabier de Camba, José da Costa, Manuel Bouzón (pai), Fernando Oliveira, Roi Magán e co que fora árbitro nas tres edicións anteriores, Sergio Landaluce.
|
O escuadrón dos casados |
Os solteiros contaron con Óscar Durán, César Vicente, Rodri López, José de Topete, Manuel Bouzón (fillo), Martín da Costa e Noelia Bouzón.
|
Os solteiros antes do partido |
Os partidos estiveron arbitrados por Juan de Topete. Fíxose un sorteo das quendas no que saiu que xogarían primeiro os solteiros contra os casados, logo os vencedores cos separados e nunha terceira volta os dous gañadores. E comezou o espectáculo. O balón marchou moitas veces para as veigas de millo da redonda, houbo que apartar coches mal aparcados para que entrara un camión orquesta, o árbitro foi aclamado sobre todo pola escuadra dos separados. Cambios constantes, goles e paradóns. A cousa foi quedando deste xeito; no primeiro encontro gañaron os solteiros 3-0, os puntos foron conseguidos por César Vicente, e Rodri que marcou dous tantos. Coa victoria dos solteiros, o segundo partido foi entre estes e os separados, houbo empate a tres con goles de José de Topete(2) e Rodrigo nos solteiros e Paco de Camba e Manolo de Bras nos separados e Carlos Porto. Con isto os casados quedaban de terceiros pero tiñan que xogar cos separados para quen era o equipo vencedor. O encontro quedou 2-1 os dous primeiros de Sergio (separados) e o outro de Bouzón pai (casados). A cousa complicábase e había que dicidir a victoria con penalties. Os tantos marcados polos solteiros déronllela victoria absoluta, conseguindo levar para a casa o trofeo.
|
Sergio Landaluce xogou na selección dos casados deixando a arbitraxe. |
|
Juan de Topete foi o novo árbitro. |
|
Loitouse moi intensamente |
|
Máxima tensión no terreo de xogo. |
|
Noelia Bouzón foi a única muller que se animou a participar. |
|
O balón voou polo campo e polas veigas de millo. |
|
Foto de grupo con todos os participantes. |
|
Os solteiros celebrando a victoria. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario