A asociación cultural de Ouzande vén de convocar unha reunión para este domingo 16 de febreiro. A cita será no local social da parroquia ás 17.30h. Trátase da asemblea xeral de socios na que se dará conta do estado económico da entidade, da situación das actividades realizadas ou dos proxectos da institución.
Este ano tamén toca a elección da xunta directiva para 2014-2015. Desde a entidade recordan que está aberto o prazo para o pago das cuotas dos socios, tanto as relativas ao ano que se pecha (2013) como os recibos pendentes doutros anos. Pódese realizar esta operación na Taberna de Ouzande ou na propia asemblea.
A Fervenza de Ouzande reúne constantemente a numeroso público nas súas actividades |
Retrouso e Recanto son dous dos froitos da asociación |
As actividades ao aire libre gozan de moito seguimento |
As actividades anuais son cita inexcusable para a Fervenza |
A Fervenza de Ouzande desenvolve unha intensa actividade cultural desde 2001 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario