![]() |
Imaxe antiga coa vella igrexa, a cadea, o mercado orixinal e moitas edificacións hoxe perdidas. |
Carmela explicando as caraterística da Casa de Lois, na Praza do Mercado. |
A ruta serviu para coñecer arquitectos e promotores de vivendas tanto públicas como privadas que lle foron dando a aquela aldeíña estremeira unha fisonomía urbana, como foi o caso do "Escobeiro", realmente chamado Manuel Porto Verdura, un emigrante que investiu moito no casco urbano e que está detrás de edificacións como o edificio da "Farola" ou o de "Calzados A Esquina". Edificios eclécticos que foron proxectados por arquitectos que procedían da escola madrileña e que coñecían o modernismo francés, deixando na estrada baldosas hidráulicas, galerías e balcóns que aínda se conservan na actualidade.
A rúa Pérez Viondi, antano "de San Lourenzo" alberga unha das casas máis coñecidas da poboación, a do pai de Virxinia Pereira, con xardín urbano ao igual que a casa do Médico Araújo en San Paio. Nesta rúa tamén hai balcóns vidrados ou a casa na que estivo a primeira oficina de telégrafos.
![]() |
Inicio da antiga San Lourenzo que conducía a Ouzande. |
Seguindo o roteiro, Carmela presentou algúns edificios que a voráxine da especulación urbanística e o devir da historia foi comendo, como o que se ubicaba fronte á calella que une a Rúa San Paio coa actual igrexa parroquial da Estrada, o dono foi asasinado polo Réxime de Franco, os herdeiros gastaron case outro tanto do seu valor en recuperalo e finalmente foi tirado para facer unha construción nova.
Outro aspecto da historia local que se abordou foi o da igrexa. Sábase que desde o século XVI había unha capela na actual Farola, que no XIX había a capela da Peregrina na Praza do Mercado, pero a nova vila precisaba dun novo templo. Aproveitaron o incendio da de Figueroa para deixar aquelo como cemiterio e achegar ao centro da poboación o culto. Fixeron no XIX unha igrexa na actual Praza da Farola pero ao pouco xa precisaron dunha nave de culto superior e comezaron o actual templo, tando a Igrexa Compostelá que vender o antigo templo (na foto antiga aérea vese xa sen o campanario) qu e pasou a ser almacén ou carpintería, mesmo estivo na idea de Porto Ventura de facer un hotel nese solar, hoxe hai un edificio de vivendas (nos baixos está Caixa Xeral). O templo actual segue estando inacabado, pódese ver o campanario sen revestimento. Tal e como explica Carmela, os edificios hai que entendelos no seu contexto e este edificio é enormemente grande, ten tres corpos e unha capacidade moi grande que fala do crecemento da próspera vila dos anos 20 e 30.
![]() |
Rúa Peregrina, edificio derruído. Hoxe no mesmo lugar aséntanse as oficinas dunha entidade bancaria. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario