A novena ao Socorro celébrase desde o 4 ao 12 de setembro ás 21:00h
O venres 12 Fervenza de Músicas con Milgrandeira, Vou vir vor ver, A Xuntanza de San Pedro, Retrouso e Recanto.
Concerto de Tania Fuegho o sábado 13 co grupo Fénix.
Pasarrúas e concerto da Banda Cultural da Estrada o domingo
Tradicional poxa de ofrendas á Virxe o domingo 14.

IV FERVENZA DE MÚSICAS
![]() |
Membros de Recanto portando o cartel da Foliada. |

TANIA FUEGHO E FÉNIX O SÁBADO

Desde Mazaricos chega a televisiva Tania Rodríguez, máis coñecida como Tania Fuegho desde que participou no concurso Son de Estrelas da TVG chegando á final. Con tan só 25 anos xa cumpriu o seu soño de vivir da canción, fundou a súa propia orquestra (Verano Azul) e participa como xurado nunha sección de canción lixeira do programa Luar da TVG todos os venres. A Ouzande chega cun proxecto como solista e con cancións como Todos a Santiago ou Emigrantes, e con versións de poemas de Rosalía ou cancións de Andrés do Barro. O estilo de Tania é moi emotivo e particular, declárase seguidora de Mónica Naranjo con quen cantou mesmo en dúas ocasións, No concerto do Socorro ofrecerá pop en galego adiantando cancións do seu primeiro disco.
A verbena do sábado coninúa co grupo Fénix, chegan desde a Mariña de Lugo, máis concretamente desde Foz. Son un grupo consolidado na provincia de Lugo e que virán a darse a coñecer ás festas de Ouzande.
CULTURAL DA ESTRADA E POXA O DOMINGO
Banda Municipal nunhas festas do Socorro anteriores, acostuman alternar as dúas formacións locais. |
A música da Banda de Música Cultural da Estrada chegará o domingo ás festas, cun pasarrúas e concerto no día grande do Socorro. Un dos atractivos desta xornada será a tradicional poxa que congrega no adro da igrexa a veciños e festeiros que poxan polos produtos ofrendados á Santa, creando un agradable clima de convivencia veciñal.
As festas do Socorro véñense celebrando desde tempos inmemoriais e completan o ciclo festivo do verán con Santo Antonio en xuño e San Lourenzo en agosto, rescatamos un anuncio das do Socorro do ano 1959 que nos cedeu un lector.
Ningún comentario:
Publicar un comentario