6 de xullo de 2015

Berres entrégase ao embruxo do Lumeiro no Areal:::

A parroquia de Berres acolleu o pasado 23 de xuño a festa do Lumeiro no Areal, unha celebración distinta e que se está a converter nun dos reclamos turísticos da comarca. A zona foi limpada e preparada por un amante do lugar, Gañete que contou con numerosos colaboradores, convertendo ao longo dos anos ao Areal coma unha das referencias inevitables ao achegarse á Estrada. O espazo que é a ribeira sur do Ulla conta con numerosas esculturas e instalacións e cun coidado mantemento que converte ao Areal nun lugar moi digno de visitar per se. Pero Berres ten no Areal un encanto especial na noite do Lumeiro. Unha única fogueira no centro, pequena e adaptada ao lugar constitúe o cerne da festa. O ritual de prendido é todo un espectáculo que xa ninguén quere perder. A perfomance parteu do río, en barca para chegar ao centro do "escenario" e así ir medrando o lume e minguando o mal que se queima lento e con calma. Ao ritual axúdalle a coidada decoración, con candeas e fachos, bandeirolas da festa.
 A música tamén é difererente, moi diferente, con ópera, blues... creando unha festa sen excesos a pesar de ser moi frecuentada por xente da zona, pero tamén de Santiago pois cada ano faise máis coñecida co boca a boca.
A festa do Areal non foi o único lumeiro da zona, A Estrada comezou as súas festas en Figueiroa e na zona da Avenida de América, Ouzande queimou o Home do Saco... Tradición e innovación para unha noite moi especial na cultura galega, a do San Xoán.





Ningún comentario:

Publicar un comentario