O curso de "tear, trapillo e ganchillo" comezará o martes 4 de novembro e en horario de 20 a 22h. Así se concluíu que fose na reunión organizativa desta actividade que convocou a Fervenza de Ouzande o pasado domingo 19 ás 18h. Nesta xuntanza presentouse á profesora, María Gaiteiro, propietaria de "Nobelo a nobelo" (Galerías 2000, A Estrada) quen explicou cales son as oportunidades que ofrecen as artes do tear de bastidor e as técnicas de trapillo en cañamazo ou ganchillado. Á reunión acodiron un nutrido grupo de persoas interesadas, tendo a oportunidade de matricularse in situ no curso, cubrindo as vacantes ofertadas. A duración deste curso é de tres meses, polo que se estenderá ata finais de xaneiro, todos os martes de 8 a 10 do serán.
Alfombras realizadas en trapillo |
materiais e mostra dalgunhas cousas que se poderán facer no curso. |
María Gaiteiro explicando como se traballo no tear de bastidor. |
Na presentación mostraron como funciona o tear. |
Alfombra de trapillo co cañamazo á vista. |
Presentaron alfombras de gran tamaño coma esta en trapillo. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario