6 de outubro de 2015

Riobó viaxa a Mondariz:::

A Asociación de Mulleres Rurais de Riobó organiza unha excusión ao Condado para visitar a vila termal de Mondariz Balneario, o castro de Troña e mailo Castelo do Sobroso, O xantar realizarano nun restaurante da zona e pola tarde achegaranse ata a comarca da Paradanta para visitar o Santuario da Franqueira na Cañiza e a vila de Covelo. Manteñen a inscrición aberta ata o 13 de outubro e ten un custo de 12€ os adultos e 8€ os nenos. 
Mondariz Balneario é un concello independente do de Mondariz que alberga o famoso Balneario e que ten diversas fontes de augas sulfurosas. Por outra banda, o Castelo do Sobroso é un baluarte defensivo románico que acolle un museo de cultura popular e mais un obradoiro textil, así coma unha tenda de produtos artesanais da zona. A Franqueira é o famoso santuario de Santa María á que anualmente acoden romeiros de todas as parroquias da contorna, levando os seus santos en procesión, alí subirán ao Coto da Vella; un mirador sobre a Paradanta e Portugal. Covelo é famosa polas súas praias fluiais.
A anterior excursión que realizaron en Riobó foi en xullo a Baiona. Arestora manteñen abertos os cursos de Zumba que comezaron o pasado día 2.


Castelo do Sobroso

Apartamentos no antigo hotel de Mondariz Balneario

Ningún comentario:

Publicar un comentario