|
Cartel do espectáculo. |
O vindeiro domingo 30 ás 18h celebrarase na parroquia de Arca unha función de ERAN OUTROS TEMPOS, OU NON? da copañía estradense Disfunción Continua. Trátase dunha comedia que está a ter moito éxito de público. É unha reflexión do mundo educativo actual desde a comparación coa escola de hai anos. Cinco mulleres reúnense diante do público para recordar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Escena a escena imos coñecendo as clases de matemáticas, relixión, ximnasia, formación cívica, labores, economía doméstica e revivindo as ensinanzas nos valores propios da época. As alumnas buscan recursos para memorizar e evitar ser reprendidas polos mestres, fan unha visita escolar á emisora local e mesmo reciben a visita do inspector. Esta función celébrase a seguir da representación de Luou (Teo) que encheu o Edificio Social da localidade e que tivo moito éxito, enchendo o local de risas durante os 80 minutos da obra. Para quen aínda non puidese ver esta peza teatral que está arrasando alí por onde vai, a de Arca constitúe unha importante oportunidade .
|
Clase de relixión. |
|
Visita á radio escolar. |
|
Nenas protagonistas de Eran outros tempos, ou non? |
Ningún comentario:
Publicar un comentario