Na madrugada do pasado sábado 4 de outubro producíase unha saída de vía na entrada de Ouzande que se saldou con diversos danos materiais. O sinal de stop entre a estrada local da parroquia e a comarcal A Estrada-Forcarei quedou tombado na beiravía. Os restos do accidente tamén se deixaron sentir na veiga de millo veciña.
Nos últimos días sucedéronse os accidentes de tráfico na zona, o máis grave acontecía o pasado venres na parroquia de Niguoi e saldouse con dous veciños de Sabucedo feridos de gravidade. O sábado e na parroquia de Matalobos, unha veciña de Lalín tiña que ser excarcelada logo de que o seu vehículo saíse da estrada nacional 640 na zona de Río de Sapos. Onte un autobús escolar sufría un accidente no lugar do Sol, en Rubín, con dous feridos de consideración.
O inicio das chuvias outonais está a acentuar a perigosidade das vías polo que cómpre extremar a precaución.
O sinal de Stop amenceu no chan. |
estado do sinal |
Imaxe do accidente do Sol, fonte: La Voz de Galicia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario