Os segredos das plantas foron postos sobre a mesa esta fin de semana no local social de Ouzande. Foi grazas a unha iniciativa organizada pola asociación cultural da parroquia, A Fervenza de Ouzande, e que se celebrou no serán do venres e na tarde de hoxe sábado.
O venres 20 ás 20,30h o local quedou pequeno para acoller aos interesados en participar na chara-coloquio que impartiu Alicia Rey, responsable de "Biosolutio". Falou sobre a protección natural dos cultivos da horta, evitando os produtos químicos agrevisos para a terra.
Na tarde do sábado houbo un obradoiro de 2h de duración impartido por Montse Fernández, de Bio Casa Xorxeira (Praza de Abastos), foi ás 17.30h e tivo dous eixos. Por unha banda presentou todas aquelas plantas que poden axudar a previr pragas e enfermidades, portando mostra de moitas delas. Tamén detallou algúns dos beneficios que nos poden aportar estas plantas e ofreceu bibliografía ilustrativa sobre o tema. A seguir mostrou de xeito práctico como facer xabóns tanto potásicos como xabóns de cinza.
Esta actividade enmárcase dentro do programa cultural da Fervenza do Ouzande que organiza para o outono.
|
Público atendendo ás explicacións de Montse |
|
Obradoiro de xabón |
|
Xabón de cinza |
|
obradoiro de xabón |
|
filtrando cinza |
|
Obradoiro de xabón |
|
Charla de Alicia Rey |
Ningún comentario:
Publicar un comentario