As reivindicacións xa son históricas. Logo das enchentes de 2000 a Praia de Couso caiu na desidia, as instalacións do bar, anegadas e cheas de lama, a praia sen area e con maleza. Cada certo tempo reclaman a limpeza desta área, coma en 2006, pero son varios os motivos que imposibilitan que se volvan repetir as imaxes das ducias de bañistas en Couso. O acceso das máquinas á área fluvial tense que facer desde unha propiedade privada polo que durante estes anos as limpezas foron escasas. Este verán si se limpou a marxe, pero non hai un plan de revitalización da zona.
Pontevea é un lugar de Reis (Teo) con múltiples servizos e puntos de interese turísitico, como a Burga, a ponte medieval ou esta área fluvial. Ao tratarse dunha aldea arrraiana entre dous concellos e dúas provincias, os veciños reclaman a atención das corporacións teense e estradense para mellorar tanto o mantemento da ponte como da praia, mesmo se pode facer unha ruta entre estes tres puntos e ata continuala ata a área recreativa do Xirimbao. Do lado coruñés a área da Burga mantense limpa todo o ano e mesmo se sinalizou a Pontevea, hai anos deixaron de funcionar os focos que a iluminaban. Do lado pontevedrés, o BNG da Estrada reclamou novamente hai uns días que haxa maior compromiso do Concello coas praias fluviais tanto de Couso como de Liñares ou Barcala.
A parte do posible baño, dos valores patrimoniais ou do agradable dun paseo por esta zona súñaselle o valor climático e medioambiental deste espazo protexido Rede Natura. En setembro de 2015 iniciáronse os trámites para que a Pontevea sexa declara Ben de Interese Cultural, motivo polo que os veciños de Reis insisten novamente ante as administracións sobre o desaproveitamento deste recurso natural de Pontevea.
|
Praia Fluvial de Couso (do lado estradense) |
|
Ponte medieval de Pontevea |
|
Ponte medieval de Pontevea |
|
Praia de Couso (do lado estradense) |
|
Instalacións abandonadas do bar en Couso |
|
Interior do bar |
|
Pontevea |
|
Pontevea |
Ningún comentario:
Publicar un comentario