Unha temperatura agradable, unhas racións de polbo e as mellores músicas foron os ingredientes co que se cociñou na noite de onte a IX edición do Fervenza de Músicas. Aínda que o prato principal foron precisamente as músicas, o Campo da Festa de Ouzande foi escenario da convivencia ao redor das mesas do polbeiro, tamén houbo un carro e moi bo ambiente no inicio das festas do Socorro.
Retrouso había presentar a súa canteira, con xente nova ao tempo que A Fervenza de Ouzande presentaba a oferta de cursos de música tradicional para o novo curso. Xarandaina, de Ponte Cesures trouxo unha completa representación do seu bo facer, con cantareiras incluídas e bos e boas bailadores. Recanto fixo a delicia dos asistentes xuntando as súas voces e cun repertorio que animaba a cantar e a moverse ao ritmo da música. A animación dos Gaiteiros de Buxantes elevou a festa ata o máis alto a ritmo de pasodobles, muiñeiras e xotas. E, finalmente, Pana Raiada había de poñer o broche de ouro ás actuacións ao pé de campo da IX Fervenza de Músicas. Pero a festa non acabou aí posto que o baile e as músicas habíanse adentrar na madrugada coa gran animación da gran cantidade de bos músicos que se deron cita onte en Ouzande.
Retrouso |
Xarandeira |
posto abarrotado do polbeiro |
Xarandeira |
bailadores |
momento da festa |
Recanto |
giaiteiros de Buxantes |
Pana Raiada |
ambiente da festa |
Ningún comentario:
Publicar un comentario