Será este sábado día 21 de setembro ás 21.30h no Campo da Festa de Ouzande e con el darán o pistoletazo de saída ás múltiples disciplinas musicais que cada sábado reúnen a centos de persoas neste mesmo lugar para aprender desde a bailar puntos de xota ou muñeira ata a converter o aire en música de gaita.
Nesta velada han informar dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE que terán lugar os sábados pola tarde, e das clases de ACORDEÓN, GAITA E TAMBORIL, que se celebrarán os sábados pola mañá. As clases comezarán o PRIMEIRO FIN DE SEMANA DE OUTUBRO. A presentación terá como colofón a actuación da Banda de Gaitas INVERNÍA, da que forman parte os músicos do grupo Retrouso da Fervenza de Ouzande.
Invernía vén de actuar no Festival Intercéltico de Lorient, en representación de Galicia. A súa participación vén de colleitar un importante éxito e moi boas críticas. A Banda está formada, ademais dos músicos ouzandeses, por outros das agrupacións: Gaiteiros de Buxantes (Dumbría), Pana Raiada (Compostela) e Sonche Lerias (Vedra). Ao remate do concerto continuarase cunha foliada na que participaran os músicos e alumnos das diferentes clases. Haberá un posto con servizo de bar, bocadillos e empanada para os asistentes. O campo estará cuberto. As persoas interesadas poden informarse ou matricularse en: carreirosouzande@gmail.com facebook.com/afervenza.deouzande
|
cartel da actividade |
|
Invernía actuando con Susana Seivane en marzo deste ano. |
|
Invernía no Festival Intercéltico de Lorient |
|
cartel das clases de música tradicional d´A Fervenza de Ouzande. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario