presentación do cartel da "Fervenza de Músicas"O grupo pontevedrés MARAVALLADA abrirá a festa, a continuación acturá un divertido grupo de Compostela que se fai chamar OS TABERNÍCOLAS. Orazo traerá o mellor das súas músicas coa XUNTANZA DOS REGATOS. O grupo PANA RAIADA de Santiago animará unha vez máis esta festa canda ao grupo ouzandés RETROUSO que novamente tocarán en Ouzande as pezas do seu disco "OU".
Á venda xa están as camisolas do festival que levan o lema deste traballo de Retrouso, no Campo da Festa van instalar tamén un posto para poder mercar tanto a camisola coma o disco. A "FERVENZA DE MÚSICAS" vai comezar ás dez da noite do próximo sábado 7 de setembro para darlle inicio ás festas do Socorro na nosa parroquia.
cartel da Fervenza de Músicas
foto do grupo Maravallada
foto de Pana Raiada
Ningún comentario:
Publicar un comentario