O alumnado do CEIP O Foxo traballa cada ano coa obra dun/dunha artista local, desta volta a comvidada foi Rosa de Cabanas, quen tivo a oportunidade de intercambiar impresións cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria deste centro de ensino. Durante varias xornadas traballaron xuntos para coñecer os deseños feitos pola nosa veciña, mesmo montaron unha exposición con algúns destes traballos; a maioría relativos a Ouzande. Pero o máis interesante foi a elaboración conxunta dun mural en lona que onte presentaron no colexio. No acto, Rosa de Cabanas foi convidada a plantar un érvedo no patio do colexio, leu unhas palabras ante un público emocionado por ver o resultado final. Agora quedará para sempre no CEIP do Foxo este mural onde saen representados os propios autores.
Os escolares organizaron a exposición "A Artista na súa Obra" |
No patio quedará a pegada de Rosa de Cabanas cunha árbore |
Rosa presentou o traballo colectivo |
O alumnado do Foxo recordará este día con emoción, foto de grupo. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario