Carmela Sánchez, responsable de Etnoga. |
Carmela, cal é o obxectivo desta ruta?
Carmela nunha actividade semallante. |
Que teñen que facer as persoas que estean interesadas en realizar esta actividade?
Pois é moi fácil. Simplemente se teñen que anotar porque hai prazas limitadas. Pódese facer na nosa web, por correo electrónico en rutas@etnoga.com ou chamando por teléfono ao 695 491 898. Hai que dar o nome, DNI e un número de contacto. A actividade custa 3€, que se pagan na visita, e nela colabora a Concellaría de Cultura, se non fose así teriamos que cobrar máis. E logo... estar uns 20 minutos antes do
Detalle dun piso con baldosas hidráulicas na Estrada. |
Estás moi vinculada coa Estrada, de feito fixeches un traballo de catalogación en Ouzande, non é así?
Si, foi un dos primeiros traballos e gardo moi bos recordos. Foi un traballo de catalogación do patrimonio da parroquia que os promotores, A Fervenza de Ouzande, teñen exposto no local social. Ademais os veciños e veciñas implicáronse moito. Catalogamos cousas moi fermosas coma os muíños, de sobra coñecidos ou hórreos moi traballados. Ah, e moitas palleiras, que as hai moi logradas, de feito
gardo moi bo recordo da Casa do Cereiro que ten un lagar e unha palleira que ao igual que a da Casa de Felipe foron das mellores que vimos. Ouzande é unha zona chea de interese polo seu patrimonio pois conserva fornos, casas tradicionais, lavadeiros, fontes e, como non, unha igrexa románica impresionante. Ademais algunhas destas bens están nunha contorna envexable coma os muíños ou a igrexa.
Entrada dun edificio en Xusto Martínez |
Galería en Pérez Viondi. |
Porta en Perez Viondi. |
Cano en Xusto Martínez. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario