|
sendeiristas baixo o "Agnus Dei" ouzandés |
As parroquias de Ouzande, A Somoza e Tabeirós foron escenario dunha ruta polo románico estradense organizada pola A.C. A Fervenza de Ouzande. Trátase do peche do programa de rutas "Imos Andar 2014". A cita comezou ás 10 da mañá tras a ábsida románica do templo ouzandés, onde uns corenta sendeiristas aproveitaron para sacar unha foto de grupo. O percorrido estendeuse cara a distintos lugares de interese patrimonial da contorna, como a igrexa de Santiago de Tabeirós ou a aldea de Castrorramiro. A comarca sacou a relocir os seus encantos turísticos baixo o sol da primavera, facendo as delicias dos visitantes. Os Muíños da Freixa, na Somoza foron a última das paradas para repoñer forzas completar os 12km da camiñata. A organización anunciou que as próximas rutas serán no outono (12 de outubro) e no inverno (día de Nadal) e que o programa "Imos Andar" se ha retomar na primavera do ano próximo.
Polo momento as próximas activades da Fervenza de Ouzande serán a Excursión ao Morrazo este domingo día 8 de xuño, a actuación de Retrouso e Recanto nas festas do Santo Antonio (venres 13), a festa de fin de curso das clases de música e baile tradicional (sábado 21) e a festa do Lumeiro (luns 23).
|
A ruta foi de 12 km de dificultade baixa |
|
foto de grupo ao pé da igrexa románica de Santiago de Tabeirós |
|
Atravesando a Consolación, en Tabeirós |
|
A aldea de Castrorramior, na Somoza sorprendeu a moitos turistas. |
|
Baixada aos Muíños da Freixa, na Somoza. |
|
A ruta foi circular, camiño de regreso cara á igrexa de Ouzande. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario