|
Espectaculares vistas sobre as Illas Cíes
desde Cabo Home |
A comarca do Morrazo será este domingo o escenario da excursión anual que organiza a Fervenza de Ouzande. A parroquia estradense rendirase aos encantos da bisbarra do Morrazo nunha das actividades máis agardadas do ano. Tal é así que a inscrición abriuse o pasado sábado e nunhas horas xa estaban cubertas as 55 prazas ofertadas. Neste momento hai aberta unha listaxe de espera por se houbese algunha baixa. A viaxe arrancará do centro de Ouzande o próximo domingo 8 de xuño ás 09:00h, durante a mañá está previsto visitar as vilas de Bueu e Cangas, así coma o Museo Massó, o estaleiro de Puzo ou Cabo Home. O xantar será nunha área recreativa de Cangas. Pola tarde os visitantes descubrirán Cabo Udra, en Bueu.
|
Estaleiro de Puzo, en Bueu |
|
Antigas oficinas de Massó, en Cangas. |
|
Instalacións da fábrica de conservas de Massó en Cangas. |
|
Cabo Udra é un enclave patrimonial moi singular. |
|
As formacións rochosas en Cabo Udra. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario