4 de xuño de 2014

Un globo aerostático sobre a Praza da Farola, motivo do cartel das festas de San Paio:::

José Manuel Marque (Fundación Cultural),
 Nemesio Rey (Concelleiro de Festas) e Rosa Herraiz(autora do cartel)
Esta semana presentábase en rolda de prensa ante os medios a que vai ser a imaxe das festas patronais da vila da Estrada. A Fundación Cultural e mailo Concello da Estrada escolleron á deseñadora ouzandesa Rosa Herraiz para darlle imaxe aos festexos por terceiro ano cosecutivo. O cartel céntrase na Praza de Galicia, máis coñecida como Praza da Farola, desde onde sae un globo aerostático rodeado de bandeirolas. As datas festivas son desde o xoves 26 e esténdense ata o domingo 29,
aínda que se presentaron algunhas actividades que arrancarán o sábado anterior, o día 21. A Comisión explicou que aínda non está pechada a programación pero adiantaron algunhas das actividades que xa están contratadas, destacando un concerto de Treixadura ou o grupo de rumba catalá “La Pegatina”. O orzamento aproximase aos 100.000 euros. Este é un esbozo da programación:
SÁBADO 21: XXI Subida automobilística á Estrada.
DOMINGO 22: Remate da Subida Automobilística e exhibición da Escola de Música Sondodance.
LUNS 23: Festa do Lumeiro na Avenida de Pontevedra.
MARTES 24: Exhibición deportiva de Absolute.
MÉRCORES 25: “Bailables” da Banda de Música Municipal da Estrada.
XOVES 26: actos relixiosos, concerto de Treixadura, orquestra Assia
VENRES 27: actos relixiosos, Carreira Nocturna Estradense, festa latina co concerto de La Pegatina e as actuacións de Dj Manu López e Dj Will
SÁBADO 28: Maratón solidaria de zumba, concerto da Big Band Chattanooga, orquestra Os satélites.
DOMINGO 29: Concentración de vehículos clásicos, festa da bicicleta, concerto dos Lóstregos, tirada dos fogos artificiais e concerto de Los Chiquis.

Ningún comentario:

Publicar un comentario