As traballadoras d´A Sega decidiron apretar con forza o mango do fouciño, erguelo e facelo rebrillar baixo o sol de agosto no Areal de Berres para evidenciar que as mulleres que cantan foron silenciadas secularmente. A xeito de romeria e contra a unha do mediodía , Lara Rozados e Andrea Nunes leron o manifesto, que a xeito de pregón abriu a festa. O xantar foi compartido e de romería baixo os ameneiros, carballos e algarrobos do Areal. Contra as 16:30h Isabel Rei Sanmartín foi a encargada de pasear ao público polas letras e notas musicais que non moi lonxe de alí compuxo Avelina Valladares, falando e cantando, mesmo con axuda do público e da mesma Mercedes Peón. Paula Carballeira subiu ao palco para contar un par de historias coas que captou a atención do público e que conmoveron a máis dun e dunha. As mulleres que tradicionalmente transmitiron as letras e músicas das coplas da lírica popular volveron soar en Berres a ritmo de muiñeira ribeirana na voz de Mercedes Peón, quen dirixiu o protagonismo precisamente cara a esas mulleres silenciadas e que tanto aportaron ao noso imaxinario colectivo. Habelas Hainas levaron a música da gaita, tamboril, pandeireta e bombo a Berres e prolongaron a tarde de romería, animando ás bailadoras e bailadores a desafiar as irregularidades do terreo. Desta volta as homenaxeadas foron as mulleres que nos transmitiron o rico corpus da lírica popular galega e representadas por Dorothé Shubarth, quen recompilou moito deste material no Cancioneiro Popular Galego, pero o éxito desta primeria edición fai que a sega continúe. De feito as redes sociais convertéronse nun fervedoiro de comentarios que evidenciaron o bo ambiente e goce colectivo desta primeria seitura.
|
Lara Rozados e Andrea Nunes leron o manifesto. |
|
O xantar foi a xeito de romería. |
|
Isabel Rei, guitarra en man, facendo referencia ao Cancioneiro de Shubarth. |
|
Público atento ás notas interpretadas por Isabel Rei. |
|
Paula Carballeira sorprendeu con dúas historias moi entrañables. |
|
Un voluntario colaborando con Paula Carballeira. |
|
Muiñeira Ribeirana nas ribeiras do Ulla. |
|
O público animouse a bailar a muiñeira ribeirana. |
|
Mercedes participou activamente na festa. |
|
Andrea Nunes recitou un poema composto para a ocasión. |
|
Habelas Hainas montaron boa festa. |
|
O Areal foi escenario dunha festa moi animada. |
|
Aprendendo entre os fentos do Areal. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario