A parroquia de Ouzande viviu unha fin de semana en loita continua coa climatoloxía para poder desenvolver o programa festivo previsto. O venres e tras chover todo o día houbo unha tregua para as actuacións de Galilea e do humorista Isi. O polbeiro estivo a medio gas e as atraccións non conseguiron concentrar moito público no Campo.
|
As festas arrancaron coa Orquesta Galilea |
|
O veciño de Arca, Isi, achegouse a Ouzande para amenizar co seu espectáculo a verbena do venres. |
O sábado celebráronse as actividades relixiosas na honra a San Lourenzo, patrón de Ouzande. Actuou Retrouso e o trío Géminis amenizou a “sesión vermouth”.
|
Imaxe de San Lourenzo ao inicio da procesión. |
|
Retrouso tocou na procesión e animou a saída da misa. |
|
O animado trío Géminis actuou na sesión vermouth. |
|
A sesión vermouth foi no Campo da Festa. |
Xa pola noite e tras unha tarde de xantares nas casas da parroquia volveu Géminis acompañado de Togayán ao Campo da Festa para animar a noite, un pouco máis concurrida e agradable. O domingo volvería a chuvia, aínda que se mantivo a programación. Pola mañá a charanga Os Atrevidos amenizaron a festa con pasarrúas e un pequeno concerto na “sesión vermouth”. No adro da igrexa, ao pé do centenario cruceiro instalouse unha gran alfombra floral que impresionou á veciñanza ao recoller como motivo a propia igrexa románica vista desde a ábsida.
|
Os Atrevidos animando a sesión vermouth. |
|
Alfombra floral que reproduciu o propio templo ouzandés. |
|
Vista aérea do cruceiro e maila alfombra que sorprendeu aos asistentes. |
Pola tarde e desafiando á chuvia, un grupo de rapaces e rapazas de Ouzande foron ao Campo ante a convocatoria do “Gran Xogo do Caldeiro Penzo”. A Fervenza de Ouzande, organizadora da actividade, substituíu esta gran actividade por unha divertida tarde de xogos baixo a carpa instalada no Campo da Festa e na que se animaron a participar todos os asistentes. O xogo previsto queda adiado e será debidamente anunciado.
|
O xogo da corda animou aos adultos a xogar. |
|
A carpa do polbeiro serviu de escenario do xogo. |
|
A choiva non freou a diversión en Ouzande. |
Contra as 21:00h pechábase a programación e polo tanto poñíase punto e final ás festas patronais deste ano. As próximas citas festivas da parroquia serán vindeiro sábado 16 con “Unha noite no muíño” e na segunda fin de semana de setembro coas festas do Socorro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario