VII Feira Medieval de Codeseda. |
A parroquia de Codeseda acolleu durante toda a xornada do domingo a VII edición da Feira Medieval no lugar da Sagrada. Xa pola mañá instaláronse sete postos na contona da carballeira. Aínda que a afluencia de público foi escasa polas malas condicións atmosféricas, contra as 11 aumentou o ambiente cos sons do grupo ouzandés Retrouso que deu un concerto na praza fronte á carballeira e tocou na procesión da misa que se celebrou ás 12. A intención da asociación Codeseda Viva, que organizaba o evento, era que o público asistise caracterizado con traxes medievais, pero infelizmente non houbo xente vestida para a ocasión. O que si funcionou e ben foi o posto dun polbeiro instalado para a feira e que estivo cheo ao mediodía. Pola noite estaba previsto un concerto do grupo Merecumbé. Con esta iniciativa a Asociación Codeseda Viva trata de recuperar a feira na aldea e revitalizar a economía da zona, ofrecendo un lugar de compras ambulantes e creando un atractivo para os visitantes.
Concerto de Retrouso no centro de Codeseda. |
Entrada de Retrouso no adro da igrexa de San Xurxo de Codeseda. |
Escaso público pola mañá. |
Camiño da misa, ás 12. |
Que pena . Me lo perdí :(
ResponderEliminar