A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande continúa co seu programa "DE OUTONO", coa celebración da Festa de Outono que terá lugar este sábado 12 de novembro ás 20:30 da noite no Campo da Festa de Ouzande. No programa contarán con castañas asadas e viño novo de balde para todos os asistente e teñen a previsión de estrear algunhas novidades gastronómicas interesantes para facer unha festa máis doce para todos:
-Degustación de pasteis e doces elaborados con castañas e produtos do outono cociñados por socios e socias.
-Tamén instalarán un servizo de bar con chourizos asados a prezo módico para completar a festa.
Non faltará a música cos compoñentes de RETROUSO, e co grupo de cancións RECANTO.
Nesta ocasión contarán ademais coa participación musical do grupo de S. André de Vea, AS CARABUÑEIRAS DE VEA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario