Ouzande marcha de excursión, será este domingo, e farao a Mondoñedo e a súa contorna. A Fervenza de Ouzande, organizadora desta emblemática cita anual do colectivo vén de desvelar que queda algunha vacante libre para poder participar nesta actividade, está aberta a socios e non socios, simplemente hai que poñerse en contacto coa asociación mediante o correo electrónico ou facebook ou ben chamando á taberna de Ouzande.
habitualmente as prazas esgótanse en cuestión de horas, pero desta ocasión aínda é posible anotarse. A excursión anual da Fervenza de Ouzande é unha das actividades máis demandadas e agradecidas e pretende crear un espazo de convivencia veciñal e achegados con xentes doutros puntos de Galicia, así como dar a coñecer territorios da xeografía galega desde unha perspectiva orixinal.
Nesta ocasión realizarán unha visita ao Santuario de San Martiño de Mondoñedo, en Foz e a continuación descubrirán as terras de Álvaro Cunqueiro, Mondoñedo. Sen embargo, o xantar e a tarde serán en Meira, onde coñecerán o seu mosteiro, xantarán e terán a oportunidade de descubrir un dos lugares máis senlleiros de Galicia, o nacemento do Río Miño, coas súas lendas e historias. A saída é o domingo ás 08.30h da mañá diante da igrexa parroquial.
|
Casa de Álvaro Cunqueiro coa catedral de Mondoñedo en fronte |
|
Nacemento do románico en Galicia en San Martiño de Mondoñedo |
|
Pinturas medievais en San Martiño de Mondoñedo |
|
Fonte de auga santa |
|
Meira |
|
Meira |
Ningún comentario:
Publicar un comentario