O Teatro Principal da Estrada acollerá o vindeiro venres 23 de novembro a estrea da curtametraxe "Te Pillé" do novo director ouzandés Abel Carbajal. A película dura 18,44 minutos e é de temática policiaca. Foi rodada durante o verán e preestreada recentemente no local social de Ouzande polo equipo que traballou na execución deste proxecto. O seu director, Abel Carbajal estivo arroupado e apoiado pola súa familia e amigos que colaboraron desinteresadamente nesta aventura cinematográfica. No reparto podemos ver nomes coñecidos da parroquia e da comarca; Xoque Carbajal,Rocío Louzao, Gonzalo Valcárcel, Chus Sánchez, Montse Carbia, Tino Regueira, Antía Regueira, Jouse García, Patricia Rodríguez, Paco Camba, Miguel Carbajal, Darío Barros, Miguel Figueiras e Blanca Menacho. O guión, dirección, cámara e montaxe foi cousa de Abel, Miguel Carbajal levou a responsabilidade do son, e contaron coa colaboración de distintas entidades da zona. De momento podemos ver o trailer, pero o venres compartirán co público en xeral este traballo gravado polas rúas da Estrada.
|
Equipo que traballou no filme na preestrea no local social de Ouzande |
|
cartel do filme que se proxectará o vindeiro venres no Principal da Estrada |
Ningún comentario:
Publicar un comentario