O Teatro Principal da Estrada acolleu este serán, ás 21:00h, a estrea da curtametraxe de Abel Cabajal "Te Pillé". Ante un patio de butacas cheo de público, Abel subiu ao escenario para presentar o filme, dándollelas grazas a todas as persoas que colaboraron e apoiaron o seu proxecto que hoxe xa é realidade. De seguido o teatro enmudeceu para dar paso cuns aplausos de benvida a uns 18 minutos de película policiaca regada con doses de bo humor e orixinalidade. Xoque Carbajal encarna ao protagonista, un estafador dado á bebida e perseguido pola policía. A riqueza de planos e mailas dóces melodías enriqueceron a cinta, mentres que o público se deixou seducir polas localizacións, de sobra coñecidas para os asistentes (Praza da Farola, Avenida de Ponteareas...)
Ao remate unha salve de aplausos volveu encher o Principal para facer que os actores e colaboradores pousases para unha foto de recordo.
 |
O Teatro Principal da Estrada encheuse para ver a curtametraxe |
 |
Créditos do inicio |
 |
Gonzalo Valcárcel nunha secuencia do filme |
 |
Varios veciños de Abel colaboraron no proxecto, coma Darío Barros |
 |
Paco de Camba nunha secuencia da curtametraxe |
 |
Actores e colaboradores fixeron unha foto de recordo |
Ningún comentario:
Publicar un comentario