O vindeiro domingo día 14 de abril veremos unha recua de bicicletas a subir polo monte de Ouzande, trátase dunha nova edición das "Rutas Populares" organizadas pola Peña ciclista BIKESTRADA en colaboración co Concello. Xa celebraron a Iª Quedada Feminina e dúas rutas infantís, agora tócalle o turno as que se dirixen aos adultos. O vindeiro domingo terá lugar a primeira que percorrerá o val do Liñares e parte da coñecida como "Ruta do Salmón" (Praia Fluvial do Liñares, Moreira, Barbude, Paradela e Aguións) A segunda ruta será a ouzandesa e subirá ao Monte da Somoza e ten unha distancia duns 18 km. Este é un percorrido moi aplaudido polos amantes da bicicleta todo terreo (BTT) polas fermosas vistas e polo entorno privilexiado que ofrecen os montes de Ouzande e maila Somoza.
Para participar chega con ter unha bicicleta e levar casco. A saída é na Praza do Concello da Estrada un pouco antes das dez da mañá.
Imaxes da primeira das rutas deste ano, a Iª Quedada Feminina, pola zona de Callobre |
Ningún comentario:
Publicar un comentario