Esta semana vénse de presentar no Concello da Estrada o cartel anunciador das Festas do San Paio da vila. Un carrusel evocador da infancia e cun ton festivo e mesmo circense, a imaxe das festas da Estrada ten selo ouzandés ao encargarse da mesma Rosa de Cabanas. Este é o terceiro ano que a deseñadora lle dá forma ao cartel do San Paio. O éxito das edicións anteriores (fachadas da vila e globos) levou á comisión a apostar sobre seguro. A versión do ano pasado entrou nun concurso de carteis de festas galegas e chegou á final. A merma na aportación económica dos veciños e veciñas da Estrada fixo que o orzamento minguase considerablemente e a edición deste ano será a máis "barata" dos últimos anos. Lonxe empezan a quedar aquelas festas con artistas internacionais con cachés desorbitados, pola contra teremos artistas locais e festa de proximidade con moito deporte e cunha actuación moi aplaudida como é a de Amancio Prada. Velaquí o programa e o cartel:
PROGRAMA DAS FESTAS DO
SAN PAIO DA ESTRADA
VENRES, 21 XUÑO
22,30
Inauguración do alumeado
22,30
II Carreira popular Nocturna Estradense
As
categorías pitufos, prebenxamíns, infantís e alevíns darán comezo ás 21,00 h.
SÁBADO, 22 XUÑO
9,30
XVIII Subida automobilística A Estrada (Parque pechado na Praza do Concello)
19,00
Xuntanza Fillos e Amigos de A Estrada
DOMINGO, 23 XUÑO
9,30
XVIII Subida automobilística A Estrada
12,30
Concentración de Coches e Motos clásicos na Praza do Concello
9,30-11,00
Inscricións na Praza do Concello
11,30
Saída hacia Ximonde e xutanza coa concentración de motos de Teo
12,30
Concentración na Praza do Concello
18,00
Entrega de Premios XVIII Subida Automobilística no Teatro Principal
19,00
Escola de Artes Escénicas da Fundación Cultural (Grupo Infantil) “O Crebanoces”
no Teatro Principal
22,00
Lumeiro e Sardiñada na Avda. de Pontevedra coa actuación “Os que hai” e “Regato
de matamulleres”
LUNS, 24 XUÑO
17,00
IV Exhibición de Natación Sincronizada nas piscinas municipais
17,30
Festa da Bicicleta na Praza do Concello
21,00
Exhibición de Sondodance na Praza do Concello
MARTES, 25 XUÑO
19,00
Exhibición do ximnasio Absolute na Praza do Concello
21,00
Escola de Artes Escénicas da Fundación Cultural (Grupo Xuvenil) “Romeo e
Xulieta” no Teatro Principal
22,30
Bailables coa Banda de Música Municipal da Estrada na Praza do Concello
00,00
Festival de Bandas Locais Aniversario Valenciaga na Praza do Concello
Os
John Deeres-Esquíos-Templanza-PDA
MÉRCORES, 26 XUÑO
10,00
Bombas de Palenque e Pasarrúas da Banda de Música Cultural da Estrada
11,00
Gaiteiros e charanga Os Xirimbaos
11,00
3×3 fútbol na Alameda
12,00
I Ximcana Fotográfica Catrogatos “A Estrada, di patata”
13,00
Concerto da Banda de Música Cultural da Estrada na Alameda
16,00
3×3 fútbol na Alameda
17,00
Xogos infantís na Alameda
20,00
Misa cantada e procesión San Paio
22,00
Concerto de Amancio Prada no Teatro Principal
22,30
Verbena coas orquestras Trovadores, na Porta do Sol, e Asia, na Farola.
XOVES, 27 XUÑO
10,00
Bombas de palenque e Pasarrúas da Banda de Música Municipal da Estrada
11,00
Gaiteiros e charanga TNT
11,00
3×3 basket na Alameda
13,00
Concerto da Banda de Música Municipal da Estrada
16,00
3×3 basket na Alameda
17,00
Xogos infantís na Alameda
20,00
Misa cantada pola Coral Polifónica Estradense e Procesión do Santísimo
22,00
Jam Session na Praza do Concello
00,00
Verbena coa orquestra Satélites, na Farola
VENRES, 28 XUÑO
10,00
Bombas de palenque
11,00
Gaiteiros
12,00
Pasarrúas Home Orquestra CÉ Orquestra Pantasma
18,00
Peter Punk na Praza do Concello
21,00
Comezo da II Noite Latina, na Praza da Farola con Batucada Os Blokiños, Dinero
Negro, Los Caribeños, DJ Manu López e DJ Will Pérez.
22,00
Concerto de Os Estofados na Praza do Concello
SÁBADO, 29 XUÑO
10,00
Bombas de palenque e Pasarrúas da Banda de Música Cultural da Estrada
10,00
Torneo de Xadrez no MOME
11,00
Gaiteiros
13,00
Concerto da Banda de Música Cultural da Estrada na Alameda
17,30
Pasarrúas músico-circense, zancudos e malabares dende a Porta do Sol
18,00
Final V Torneo de Dobres de Tenis Concelo da Estrada na zona Deportiva
18,15
Mimo NONO na Alameda
19,15
Pasarrúas músico-circense, zancudos e malabares
00,30
Tirada de fogos fin de festa na rúa Antón Losada Diéguez Concerto
fin de festa coa actuación do grupo Apache, tributo ós grandes do Rock, na
Farola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario