O pasado venres e cadrando coa onomástica do Santo Antonio, celebrouse no Campo da Festa unha nova edición desta popular festa. Os actos comezaron ás 21h cunha misa rezada na igrexa románica de Ouzande. A seguir, e xa no Campo da Festa, unha carpa albergaba mesas e cadeiras nas que ir degustando as sardiñas. O bo tempo acompañou e pouco a pouco a festa foise enchendo de xente. A animación musical correu a cargo do Regato de Matamulleres, de Callobre e os ouzandeses Retrouso e Recanto. Contra a unha da madrugada fíxose o sorteo de diversos produtos cos que a comisión tratou de recaudar algo de diñeiro para a organización deste festexo. A folida continuou ata ben entrada a madrugada.
Un momento da actuación de Retrouso e Recanto. |
Recanto fixo as delicias dos festeiros. |
Carpa para degustar as sardiñas. |
O Regato de Matamulleres animou aos comensais baixo a carpa. |
Entregando un dos lotes con produtos no sorteo. |
O sorteo completou a festa. |
Momento de baile co Regato de Matamulleres. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario