Esta mañá distrubuíase pola Estrada a nova gaceta informativa da Estrada e Cuntis. Co nome "O que hai" sairá de novo á rúa cada último mércores de cada mes. Focaliza a súa atención nas noticias locais dos municipios estradense e cuntiense e tratará de dar información sobre as súas parroquias e xentes. O panorama informativo local enriquécese deste xeito co nacemento nos últimos días desta e doutra publicación en papel (Abarcarte), complementando os medios diarios (Faro de Vigo, La Voz de Galicia e El Correo Gallego) así coma os dixitais Catrogatos e Noticieirogalego. O nacemento desta publicación é ben recibida trala desaparición de Capicúa e Aestradanarede. Desde O Portal de Noticias desexámoslle longa vida.
|
Portada de "O que hai" |
|
O editorial e primeiras páxinas da nova gaceta local. |
Grazas pola difusión
ResponderEliminar