A parroquia de Guimarei celebrou a semana pasada as festas das Dores con numerosas actividades organizadas pola Adc Guimarei. O programa festivo xa tiña comezado o día 11 de setembro coa novena, pero o xoves 18 intensificouse a actividade cun monólogo de Gonzalo Valcárcel. Foi na Biblioteca de Guimarei ás 22:00h e baixo o título "Os males que produce o tabaco", tratouse dunha versión da peza orixinal do ruso Anton Chéjov.
|
Membros da Asociación Deportivo e Cultural de Guimarei con Gonzalo Valcárcel e a súa dona (6º e 8ª pola esquerda) |
A actividade musical había comezar o venres cunha actuación e unha mexilloada. O sábado día 20 e tralos actos relixiosos actuou o grupo Abrente do Foxo. Pola tarde e o domingo pola mañá tivo lugar o Campionato Galego de proba de Cans Agility, que se celebrou no Campo contiguo ás escolas de Guimarei e que reuniu a máis de 30 participantes.
|
O Campionato Agility celebrouse nas escolas de Guimarei. |
|
Cans preparados para competir. |
Membros do ximnasio Koryo fixeron unha exhibición de Taekondo ás 19.30h do sábado no Campo de Fútbol mentres que pola noite actuaron no Campo da Festa as orquestras Gran Vía e Intervalo Show, esta verbena xa foi no Campo da Festa e durante o transcurso da festa fíxose o sorteo da nova comisión de festas para o ano que vén. O domingo pola mañá actuou a Banda de Música Municipal da Estrada, rematou o campionatao de Cans Agility e celebráronse os actos relixiosos. Xa pola tarde instaláronse colchonetas e hinchables no Campo da festa para goce dos máis pequenos que desde as 5 abarrotaron o Campo da Cruz. Ás 18.30h e xa no Campo de Fútbol de Figueroa, os veciños de Guimarei foron animar ao seu equipo que xogaba contra o C.F. San Mamede. O resultado foi Adc Guimarei Fútbol 2 - C. F. San Mamede 3.
|
Exhibición de Taekondo no Campo de Fútbol |
|
Un momento do encontro futbolístico no Campo de Figueroa. |
|
Cartel das festas. |
Por outra banda, o próximo sábado 4 de outubro, a Asociación de Veciños Santa Apolonia ten previsto realizar unha excursión para visitar Baiona e Oia. A saída será ás 9 da mañá desde a igrexa parroquial de san Xiao, visitarán os puntos máis emblemáticos da histórica vila de Baiona e mailo Mosteiro de Oia. Este luns remata o prazo para inscribirse, cousa que se pode facer contactando coa asociación vía telefónica (649 76 60 64 / 696 57 94 17)
|
Mosteiro de Santa María en Oia. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario