O vindeiro sábado 4 de outubro é a data escollida pola Fervenza de Ouzande para dar inicio oficialmente ás clases de música e baile tradicional. O pasado sábado día 20 fixeron unha presentación na que deron a coñecer entre outros pormenores, os horarios das clases e mailos profesores. Deste xeito, a disciplina de acordeón será impartida por Marcos Varela en horario de sábados de 10 e media a 11 e media. Tamboril terá o mesmo horario e será impartido por Xosé Martíns (Fofi) na modalidade de iniciación, habendo un grupo de perfeccionamento co mesmo profesor e de 11 e media e ata as 12 e media. As clases de gaita serán impartidas por Marcos Varela, o grupo de iniciación será de 11 e media e ata as 12 e media e o grupo de avanzado será en horario de 12 e media e ata a 1 e media.
Xa pola tarde serán as clases de baile e pandeireta, impartidos por Silvia Martínez. Ás 4 e media comezan os grupos de pandeireta e ás 8 e media os de baile tradicional. E pola noite haberá clases de canto tradicional impartidos por Marcos Varela de 22h a 23h.
Trala presentación fixéronse as inscricións, compartiuse unha merenda e fíxose festa ao tempo que o alumnado do curso pasado practicou as súas disciplinas. Segundo informa a Fervenza de Ouzande aínda quedan vacantes libres nalgunhas disciplinas, quen queira anotarse pode facelo asistindo á disciplina que lle interese ou contactando coa asociación via correo electrónico (carreirosouzande@gmail.com) ou chamando por teléfono (986 57 02 85)
|
Alumnos do curso pasado practicando trala presentación. |
|
Imaxe da presentación dos cursos. |
|
Momento da merenda trala reunión. |
|
A música foi a protagonista da tarde. |
|
Alumnado de canto |
|
O baile tradicional é unha das disciplinas que máis alumnado aumentou. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario